jueves, 11 de octubre de 2012

Pequenas reflexions do día a día

Suecia, Stockholm, Täby, a falta de un mes de poñer rumbo a España e volver a ver todo o que alí che espera quería agradecer todo, todo o que teñí aquí, que a verdade non o cambiaría por nada do mundo.
2 meses nestas fermosas terras deron para moito, moito máis do que eu tiña en mente, moitas alegrías en momentos non especialmente bos, moitos sonrisos, moitas bromas, moito cariño, moita confianza, moitas cousas novas, moitas experiencias...
Vivo en Täby, xusto na cidade onde está o instituto, onde é o punto de encontro, polo que non teño que madrugar tanto como Alba para coller un bus 50min antes ,, ou coller o tren como Susana e Nel, nin a bici como Samuel,nin ir 10 min en bus como fai Alberte... si, probar todo eso estaría ben, cambiar  a túa rutina lucense de ir ó instituto de diferente maneira, pero a verdade é que me encanta, espertar polas mañas e almorzar un cafe quentiño con tostadas relaxadamente, vendo os xardíns que hai diante do apartamento no que vivo.
 Tampouco vivo na mítica casa sueca, de madeira e con xardinciño como moitos dos meus compañeiros, pero a verdad é que non me importa en absoluto, por que sei que se non chegase a estar onde estou, non coñecería a Cecilia, Johan, Oscar, Felicia e a miña querida irmá sueca, Sandra, a mellor de todas, que non poderiamos rir e rir na habitacion, nin contarnos os nosos problemas, os rapaces que nos parecen monos, as nosas preocupacións, nin todas esas cousas que ás veces necesitamos contar, e que só nos sae con ese tipo de persoas que tes confianza, e Sandra é unha delas, a verdade e que non me imaxinaría estar en Suecia sen Sandra, de feito non creo que me gustara tanto.
Cada un dos compoñentes da miña familia sueca representan á perfección un fogar, uns máis alegres que outros, un máis altos  e delgados, uns máis faladores, e outros máis calados, pero todos, cada un deles tanto xuntos como separados son xeniais, fan que me sinta agusto, como na miña casa, e iso é unha das mellores cousas do mundo, sentirse agusto en cada momento e en calquera lugar.


No hay comentarios:

Publicar un comentario