martes, 30 de octubre de 2012

7 Horas máis o Norte

Non saber nin como empezar a contar todo, e probablemente sexa porque teño moitisimas cousas que dicir que dar a coñecer e non sei nin por onde empezar, non sei como dicir cada unha das cousas que fixen nestes 5dias, cada un dos sentimentos que pasaron polo meu corpo, cada una das sorrisas, cada una das alegrias, cada un dos asombros, cada una das caras de emocion... A verdade e que nestas mini-holidays esta pequena familia fixo que foran inolvidables, fixeron que estuviera contenta cada un dos dias, cada un dos minutos e segundos que estiven en Åsen, Norrland con eles.
Ensinaronme cousas que xa sabia pero ensinaronme moitas outras que eran descoñecidas para min.
Ensinaronme que ainda que te levantes con -8grados e faga moitisimo frio non te podes quedar na casa, porque enton estariaste perdendo moitas das cousas tan preciosas que hay fora, que a paisaxe e increíble, preciosa e inigualable a calquera outra, que cada un dos piñeiros son diferentes e xuntos fan que poidas ver un bosque inmenso e alucinante, que podes distinguir cores desde branco,violeta, verde, negro,marron... Que os lagos se empezar a xear xa nestas datas e antes de que poidas andar sobre eles primeiro empezan a botar como fume, é a sinal de que se estan conxeados e que nuns dias seran como pistas de xeo nas que podes patinar, pescar ou simplemente disfrutar deles. Tamén que as 4:05 do dia e de noite, pero ainda asi segue habendo xente nas nevadas ruas, que mentras camiñas ou vas no coche podes ver iluminadas cada unha das casas polas velas que encenden.
Que a neve pode chegar a cansar, de eso estou segura, pero e que da tanto xogo... Canta mais neve mellores son as pistas de esquiar, canta mais neve antes poderas disfrutar de ir en trineo con huskies, brancos, negros e preciosos huskies, que estarn dispostos a levante onde queiras, que che tiraran das borlas dos puchos, que te empurraran hasta que os abraces, e que che lamberan a cara todo o que poidan.
Que con mais neve podes facer os bonecos de neve mais grandes e graciosos que nunca antes viras, ou sillons incluindo espazo para deixar una cervexa, pero o mellor e sair da casa en pixama coa tua irmá correr lonxe e tirarte na neve e facer o anxelote mais bonito, rirte ata mais non poder e pasar os mellores momentos coma estes coa estupenda familia sueca que teño.
Pero non todo é fora, neve, paisaxe... En canto entras nas enormes casas de madeira vermella podes sentir una calor que che percorre o corpo de arriba a abaixo, sentarte na cociña e empezar a xogar as cartas, a falar e disfrutar cada instante, a cociñar ; dende un rico salmón con patacas ata carne de reno, pero o mellor ven despois de todo esto, é o momento no que todos nos sentamos no sofa a ver a tele, comer patatas e palomitas.. E despois o momento de meterte na cama acompañada dun nordico e unha almofada de plumas para manter  a tua calor toda a noite. Pero non so existe a tua casa , ainda que os veciños esten lonxe sempre poden aparecer, e sempre sempre hay un momento para tomar un cafe e falar, ainda que pasaran 10 anos dende a ultima vez que os viras.. Asi funciona todo esto, amigos que che deixan a casa, que te invitan a tomar un café, outros que simplremente aparecen para facerche o comenzo da noite mais ameno, outros que te invitan a sua casa a cear e estar todo o tempo que queiras con eles e con todo o seu.
A que soa ben todo esto? Soa xenial, é xenial.
Desearia que todo o mundo puidese estar no meu sitio ainda que so fora por unhas horas e poder demostrar todo o que estou dicindo... 

                                      

No hay comentarios:

Publicar un comentario