jueves, 11 de octubre de 2012

Grandes persoas, gran familia

Cecilia: Sorrinte, extrovertida aínda que algo tímida ó principio, alegre, cariñosa, boa cociñeira, doce, incrible, ollos azuis, media melena, é a nai da miña estupenda familia sueca.

Johan: Alegre, sorrinte, extrovertido, bromista, grande, con bigote, cariñoso, abrazos, chistes, sustos, moreno, espontáneo, marchoso, gracioso, é o padrastro da miña estupenda familia sueca.

Oscar: Calado, tímido, moi alto, rubio con rizos, ollos azuis, delgado, amante da fotografía, en busca de traballo, informático en proceso, a música como un mundo, non lle entusiasma o inglés, é o irmán da miña estupenda familia sueca.

Sandra: Loira, ollos azuis, xenial, riquiña, sorrinte, tola, encantadora, calada ó principio, amable, incrible, podo confiar nela, baixa, scout, alegre, amante da música, encántanlle as festas, charlas interminables, burradas aínda máis grandes có seu corazón, a miña irmá, o que maís quero aquí, o que máis vou botar de menos cando volva a Lugo, é a irma/filla da miña estupenda familia sueca.

No hay comentarios:

Publicar un comentario