martes, 11 de diciembre de 2012

Menos dun 1 esperado mes, Sandra








¡¡¡ Only one month my swedish sister, it will be awesome !!!




Recordos que nunca xamais se esquecerán

Cando te das conta de que volviches ó mundo real, ó teu mundo, que xa levas casi 3 semanas en Lugo... Todo fai recordar o que en parte deixaches atrás, que é imposible non acordarte da túa irmá sueca, dos teus pais, do teu irmán, dos avós, da casa de campo, do instituto, dos profesores, dos compañeiros de clase, e de todos os xeniais amigos que alí fixeches, das persoas especiais, daquelas que fixeron que eses 3 meses foran s mellores ata agora, os irremplazables, todo isto fai que recorde a Täby, Sweden como o lugar idóneo para vivir parte da tua vida, pasra sentir e experimentar sentimentos e accións que aquí nunca poderías; é estupendo recordar algo pasado, algo que sabes que nunca volveras a vivir de esta maneira, con alegría, con ledicia, e sen ponerse triste ou a chorar (ainda que sempre che entre morriña) porque así eres capaz de ver todas as cousas boas que viviches, e das que aínda che quedan por vivir.

Cada día que pasa busco novas cousas para acordarme de todo o vivido, ulo aquela roupa que ainda non se lavou aquí e que ule a Suecia, a miña casa, a miña familia... ; como o chocolate que me trouxen de alí, e fai que sinta ese sabor tan doce e agradable, encendo unha vela todas as noites para poder recordar parte do día a día sueco con luz e esperanza, miro o peluche que Sandra me regalou, e penso que en menos de un mes poderei tela aquí conmigo para poder vivir moitas cousas máis xuntas, falolle a todo o mundo o que estaría a facer en Suecia no mesmo intre, poño a música de Sandra, intento falar inglés cos meus pequenos irmáns españois, xa que a eles tamén lles gusta recordalo, fago tantas cousas, que moitas veces parecen insignificantes pero que amin me enchen tanto... gústame! Gustame recordar todo, porque así sei que nunca xamais serei capaz de esquecelo.


Tamén gardo moitas das cousas suecas, os libros, as entradas , os planos, as mochilas, o primeiro envoltorio de Daim, os tickets, as entradas... nunha caixa, como pequenas experiencias; así cada vez que a vexo alégrome e sintome ben conmigo mesma.




¡ NUNCA XAMAIS O ESQUECEREI !